16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Adiante TV en Mazaricos. No Cruceiro do Cirolán e na Fervenza de Santa Leocadia

Seguimos captando imaxes e promocionando recunchos con encanto nesta nosa bisbarra, a través da nosa canle de Youtube Adiante TV. Nesta ocasión os elexidos son dous o Cruceiro do Cirolán e a Fervenza de Santa Leocadia, no concello de Mazaricos.

“Nunca vimos turistas por Suevos” dixo unha rapaza que paseaba coa súa bicicleta polas inmediacións deste interesante cruceiro, construido no 1861 grazas á iniciativa de Ventura Pérez Lema. O cruceiro do Cirolán, situado en Suevos, parroquia de Coiro, representa o chamado “desencravo” de Cristo.

Sobre un capital cuadrangular, con cabezas de anxos e unha caveira, están Xosé de Arimatea, Nicodemo e un axudante que desencravan a Cristo, ante a presenza da Virxe María. Pola outra parte percíbese a San Boaventura. Esta estupenda obra atribúese ao escultor Francisco María Rodeiro Permuy.

Con respecto a Fervenza de Santa Leocadia (na parroquia de Chacín) e outros dos sitios que ver en Mazaricos, un fermoso espectáculo natural en forma de cadoiro, moi preto da ermida de Santa Leocadia, localizada á beira da estrada C9-4502 que vai do Pino do Val a Outes.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos