Un home resultou ferido de consideración esta mañá en Vimianzo nunha colisión frontal entre un turismo e unha furgoneta. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o varón accidentado foi trasladado nunha ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira.O sinistro produciuse ao fío das 6:55 horas na estrada que une Vimianzo e A Coruña.
Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia nese momento para alertar do ocorrido e, nada máis ter coñecemento do accidente, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Cee, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento da estrada.
Foto- Bomberos Costa da Morte
Noticia-AXEGA 112