13 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Iago Toba:”Non poden ter como refén ao pobo de Muxía por fastidiarme a min”

O alcalde de Muxía volve a convidar ao PP e aos non adscritos a presentarlle unha moción de censura, aínda que pensa que “hai presión social” que hai vaille permitir chegar ata fin do mandato.

Nunha entrevista publicada nosa canle de Youtube, Adiante TV, (podes suscribirte desde aquí), Toba retou ao Partido Popular “a que fagan a moción de censura” se ben indicou que “hai que ter a valentía de facela e uns argumentos críbles”.

Iso sí advertiu que “non poden ter como refén ao pobo de Muxía por fastidiarme a min”. Ten claro que non terá problema en deixar a alcaldía pero tamén ten decidido que , sexa como sexa, volverá a presentarse:”Prefiro perder a alcaldía con honra a deixar que me manipulen por intereses escuros”.

De momento asegura estar “aliviado” e traballando con moitas gañas despois de que uns concelleiros do PSOE “traizoaran ao pobo de Muxía aliándose co PP, sen lóxica ningunha”.

Non entende o comportamento dos catro concelleiros que “pasaron de votar a favor dun orzamento a apoiar unha alegación mal presentada polo PP, foi sorprendente. O que fixeron foi quitarlle 50.000 euros aos muxiáns”.

Unha concelleira «olvidouse de renunciar á súa dedicación exclusiva»

Tamén se referiu ao caso da concelleira Irma García “que leva dez meses de baixa pero ven ao pleno. Saleu do grupo socialista e marchou do goberno, pero olvidouse renunciar a súa dedicación exclusiva e está na casa cobrando”.

Lembrou o seu “compromiso forte cos veciños” e confirmou que en poucos meses investiránse preto de 2,5 millóns de euros en obras no concello. Tamén falou sobre turismo ou sobre a actividade do Parador da Costa da Morte.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos