9.7 C
Santa Comba
martes, marzo 11, 2025

Onde está esa vehemencia para esixir que non se incauten os remanentes dos concellos?

O candidato do PP nas últimas eleccións autonómicas, o carballés Rubén Lorenzo, opinou sobre a petición do BNG de Camariñas de cambiar o nome da Avenida Juan Carlos I.

Pensa que é oportunismo:”Dubido que o que máis lle importe aos camariñáns sexa isto. Está visto que o BNG está a facer en toda Galicia unha campaña propagandística a costa da marcha (non fuga) do Rei emérito de España. Se algún día existe unha condena en firme entendería este tipo de debates, polo momento, todo o que teña que ver con este tema é mera propaganda e oportunismo para saír nos medios”.

A través das redes sociais tamén bota en falta que non haxa esa contundencia á hora de reclamar os remanentes dos concellos:Onde está esa vehemencia para esixir que non se incauten os remanentes dos Concellos?. Pregunta Lorenzo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos