O BNG de Camariñas anuncia que proporá no vindeiro Pleno cambiar o nome da Avenida Xoán Carlos I, da capital municipal.
Os nacionalistas sinalan que » os motivos que levaron a abdicar ó Rei Emérito xunto cos indicios de delitos relacionados co branqueo de capitais, cobros de comisións e fraude fiscal non o fan digno de facer parte do rueiro camariñan».
Indican que diversas cidades están a retirar os nomes da familia real dos viarios municipais así como as distincións outorgadas no pasado, “por considerarse a monarquía como unha figura anacrónica e, cada vez, máis asociada a presuntas irregularidades económicas e delituosas derivadas do abuso e do privilexio dos cargos que ostentan”.
Desde o BNG explican que «Camariñas mantén a avenida denominada Rei Xoán Carlos I, que discorrre dende a Rua do Medio, a carón da Igrexa de San Xurxo até a estrada do Faro. Algúns dos nomes que propoñemos son por exemplo Avenida de Rosalía de Castro, Avenida de Castelao ou mesmo Avenida das Palilleiras».