9.7 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

TEGA votou en contra dos orzamentos por “antisociais” e porque «non serven para paliar os problemas de Coristanco»

O portavoz de Terra Galega de Coristanco, Amancio Lavandeira, xustificou o seu voto en contra dos orzamentos municipais porque son “antisociais” e “non serven para paliar os problemas que ten hoxendia Coristanco”.

Segundo Lavandeira “son orzamentos para saír do paso e cadrar cifras, un calco dos que se veñen prorrogando de 2018”. Critica ademais que “hai moitas partidas que non están debidamente dotadas e un montón de obras que non aparecen nos orzamentos”.

Lembrou que Terra Galega propuxo destinar preto de 500.000 euros “para reactivar a economía e axudar a autonómos, agricultores e ás familias con excasos recursos”. Lamentou que das once propostas lanzadas polo seu grupo o PP non aceptara ningunha.

Asimesmo, Amancio Lavandeira cualificou de sorprendente a abstención do PSOE e BNG, o que permitiu que se aprobaran as contas neste concello:”O normal e que non haxa esa facilidade  entre o PP e o PSOE e o BNG”.

Outro reproche da segunda forza da corporación é o apoio da Xunta.”Non sei para que estivo saíndo en medios de comunicaciçón anunciando grandes cantidades e a realidade é cero patatero”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos