9.1 C
Santa Comba
sábado, diciembre 3, 2022

Asinado o contrato para o Servizo de Atención Temperá da Costa da Morte

Este 3 de agosto tivo lugar en Dumbría a sinatura do contrato para a prestación do servizo de atención temperá nos concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.

A firma levárona a cabo o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, e o presidente de ASPADEX (Asociación de Padres de niños deficientes psíquicos de la Comarca del Xallas), Evaristo Lema Antelo.

ASPADEX será a entidade encargada de prestar este servizo, que estará integrado por tres profesionais: psicopedagogo/a, terapeuta ocupacional e logopeda.O servizo centralizarase en dous centros: un situado no Ézaro (Dumbría) e outro situado en Vimianzo.

Este servizo está dirixido á poboación infantil de 0 a 6 anos, a súa familia e o seu contorno, co obxectivo de dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.O servizo botará a andar nas vindeiras semanas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
507SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos