13.3 C
Santa Comba
sábado, abril 6, 2024

A CIG denuncia “graves abusos” por parte dunha empresa con sede en Santa Comba

A Federación da Construción e Madeira da CIG da Coruña presentou unha denuncia diante da Inspección de Traballo “polas condicións de explotación que padecen os numerosos incumprimentos laborais por parte da empresa”.

As acusacións apuntan a empresa Enfoscados Norte, que contratou inicialmente quince operarios para construción das estruturas dun parque solar en Xerez de Fronteira.“Tras percorrer a Península en tres furgonetas, o seu periplo comezou en canto rematou a viaxe, ao descubriren que o restaurante no que supón que xantarían simplemente non existía” denuncian desde o sindicato, que engaden que “a empresa non lles facilitou EPI, roupa de traballo nin ferramentas, indicándolles que eles mesmos deberían adquirir todos os equipamentos necesarios para traballar”.

Continúan explicando que “só despois de protestar ante o empresario, accederon a aboarlles unha dieta de 15 euros ao día, inferiores á metade do estipulado no Convenio da Construción e insuficientes para cubrir sequera a manutención”.

«Coma sardiñas en lata»

A CIG denuncia condicións de “pura explotación” cun “traballo de sol a sol, sen acceso a auga potábel, a máis de 35º, sen descanso e co encargado reprendéndoos ata por parar a beber, por perder o tempo”. Tamén aseguran que pola noite estaban“coma sardiñas en lata” nunha casa común onde os catres ocupaban até o salón da vivenda. 

Desde a CIG informan que “a todo isto hai que sumar o impago dos salarios xa na primeira mensualidade”. E narran unha situación: «Nunha ocasión un operario duns 20 anos desmaiouse, e cando os traballadores pararon para socorrelo foron inmediatamente reprendidos polos superiores, prohibíndolle expresamente chamar unha ambulancia ou sequera avisar á seguridade da obra, ordenándolles apartalo a un lado até que se recuperara para poder seguir traballando”. Ao parecer varios traballadores abandonaron a obra e outro continúan á espera de que se reconduza a situación.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos