12 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Recoñecemento da condición de persoal laboral fixo de 36 traballadores xalleiros

VIDEO ADIANTE TV- GALERÍA FOTOGRÁFICA

O concello de Santa Comba recoñeceu a condición de persoal laboral fixo de 36 traballadores municipais, nun acto presidido polo alcalde, David Barbeira.

Son oito oficiais e oito peóns da brigada de obras, once peóns do Servizo Municipal de Protección Civil, catro subalternos/as, tres limpiadoras e dúas auxiliares de Axuda no Fogar.

O alcalde expresou a súa ledicia por poder compartir este feito cos traballadores. Sinalou que era “ unha prioridade, porque é algo que lles pertence”, e que dará estabilidade ás súas vidas.

Así mesmo agradeceu o esforzo realizado durante a pandemia e convidou os traballadores a manter o seu compromiso co servizo público “porque sodes ou espello e a imaxe do pobo” Tamén quixo recoñecer a importancia que tivo en todo este proceso de regularización a anterior alcaldesa  María Pose. 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos