9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

O concello da Laracha eliminará un vertido localizado en Coiro

O Concello da Laracha detectou e eliminará nas próximas horas un vertido incontrolado de lixo na parroquia de Coiro, no cruce da estrada que comunica os lugares de O Cruceiro e A Fontefría.

O vertido componse de elementos voluminosos como colchóns, sofás, xogos infantís e carriño de bebé, entre outro material. Debido ao emprazamento no que foi depositado, a carón dos colectores de residuos sólidos urbanos, unha das posibilidades que baralla o Concello é que as persoas responsables actuaron deste xeito por descoñecemento do procedemento a seguir para desfacerse deste tipo de residuos de maneira segura e sen provocar posibles danos medio ambientais.

É por iso que o Concello pide a colaboración cidadá para evitar este tipo de situacións e lembra que o Punto Limpo é un servizo municipal gratuíto para os usuarios que garante que a eliminación dos residuos se realice dun xeito responsable e que o material que poida ser reciclado reciba un tratamento especial.

Está a disposición de todos os veciños do municipio no Formigueiro, moi preto do casco urbano da Laracha, os luns (15 a 20 horas), mércores e venres (16 a 20 horas) e sábados (9 a 14 horas). Ademais, existe un servizo de recollida de voluminosos a domicilio, tamén gratuíto para a veciñanza, que pode solicitarse vía telefónica (981 97 11 00 ou 647 76 32 76) e por correo electrónico (puntolimpolaracha@aspaber.com).

Fonte- Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos