13.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Mensaxe de Carballido:”Non me traizoaron a min, están traizoando a todas as persoas que apoiaron o noso proxecto”

Entrevista de Lois García (A partir do minuto 32)

Lois García Carballido enviou unha mensaxe aos concelleiros do PSOE que se uniron a APIN e PP na moción deste pasado pleno:””Antes de votar contra o meu líder nun pleno, eu dimitiría.Non me traizoaron a min, están traizoando a todas as persoas que apoiaron o noso proxecto”.

O alcalde de Ponteceso afirmou:”Dez concelleiros botaron ao alcalde fora do concello e o mandaron para o instituto”. E focalizou  nos seus compañeiros:”Cinco concelleiros do goberno apoiaron a moción de APIN para un alcalde deixe de ter adicación, pero este proxecto socialista ambicioso seguirá. Os veciños valoraron moi ben o noso esforzo”.

«Non me van a fastidiar. Vou a seguir tres anos sen cobrar»

Cualifica o acontecido de “falcatruada” pero anuncia que non tira a toalla:”Non me van a fastidiar. Vou a seguir tres anos sen cobrar, traballando por este pobo”. Pregúntase:”É positivo que o alcalde non estea no concello?”. E advirte:”Todos temos responsabilidade no que votamos”.

Está convencido de que conta cun grande apoio social:“A xente non o pode creer, está coa boca aberta. Considéronme apoiado polos veciños e polo PSOE”.

De todos os xeitos pensa que os concelleiros terán que apoiar as propostas que sexa positivas para Ponteceso e amosouse “moi optimista” de cara o futuro:”Hai que meter no bolsillo os nosos egos, manías e vinganzas e traballar polo concello”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos