Entrevista a Daniel García Cotelo(Desde min 58)
“Debería dimitir. Ou marcha ou a xente deixaráo tirado”. O portavoz do Partido Popular en Ponteceso pensa que o mellor que pode facer o alcalde é ser “elegante” e marchar:”Estamos asistindo a caída por capítulos do señor Carballido, a súa decadencia. Chegará o momento onde abandone a política”.
Para Daniel García “o problema non é o soldo, é a súa falta de liderado. Nin os seus compañeiros o apoian. A moción foi unha ferramenta que se lle dou aos concelleiros para dicir que estaban disconformes”.
Lembra que “tivo problemas co tripartito, cos concelleiros da anterior lexislatura, co PSOE local, e agora coa maioría absoluta dos seus concelleiros”. Recirminan que Carballido «non sabe xestionar equipos, non é líder, é de ordena e mando».
Sobre unha posible moción de censura, desde o PP indican que o asunto está nas mans do PSOE e “a decisión e deles”, se ben amósanse abertos a falar pero afirman:”Teñen mecanismos políticos e legais”.