2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Carlos Concheiro:”En Muxía hai falta de xestión pero non é razón suficiente para o que está pasando”

Entrevista a Carlos Fernández Concheiro- Desde o minuto 85

En Muxía, o BNG ten un concelleiro que asiste desde a grada política as pelexas internas do PSOE e á posibilidade dunha moción de censura na que o PP tería un papel relevante.

A Carlos Fernández Concheiro “sorpréndelle” que “concelleiros da mesma forza política(PSOE) se acusen entre eles”. Catro deles xa están no grupo dos non adscritos.

A este grupo e máis ao PP, Concheiro pídelles que fagan pública “a súa folla de ruta e digan o que van a facer, se un bloqueo sistemático ou unha moción de censura. Que teñan valentía e que o fagan”.

O BNG en contra da moción de censura

Pensa que o camiño é a moción de censura aínda que “nós estamos en contra”. O concelleiro percibe “falta de xestión” no goberno de Iago Toba pero “non é razón suficiente para todo o que está pasando”.

Opina que os orzamentos de Muxía “teñen moitas eivas pero foron aprobados por unha ampla maioría” e que a alegación presentada polo PP “non ten ningún sentido”.

Ao portavoz do BNG resúltalle “estraño” que Iago Toba “descubra que había supostos tratos de favor a empresarios” e pensa que “é imposible” a reconciliación entre o goberno e os non adscritos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos