14.2 C
Santa Comba
miércoles, marzo 29, 2023

Sandra Vilela:”O Partido Popular está aberto a escoitar a todo o mundo, incluído ao alcalde”

Entrevista a Sandra Vilela no programa Na Encrucillada 

A portavoz municipal do Partido Popular de Muxía asegurou que Iago Toba ten nas súas mans seguir no poder:”Se quere escoitar será alcalde ata final de lexislatura”.

Con todo iso, precisou que “se se plantea a opción da moción de censura sentarémonos a falar. O Partido Popular está aberto a escoitar a todo o mundo, incluído ao alcalde”.

Destruír Muxía enfrontando aos veciños

Se ben, Sandra Vilela, pensa que o rexedor non debe de persistir na súa “posición radical e actitude pechada” e en tentar “destruír a Muxía enfrontando aos veciños”. Un comportamento que segundo a concelleira popular ten o reflexo no seu Facebook:”As súas redes sociais son un ataque continuo a todo o mundo”.

Insistiu que o PP está facendo unha “oposición constructiva” e  considera sintomático que “cando catro persoas do goberno  coinciden no que o PP leva denunciando, o alcalde debe pensar que algo está facendo mal. Debería recapacitar porque Muxía está paralizada”.Vilela lamentou que nun ano o alcalde non conseguira “executar nin unha soa obra”.

Tamén rexeitou as críticas que Iago Toba lanzou no programa “Na Encrucillada”:”Este señor veu para Muxía seis meses antes das eleccións, cunha adicación exclusiva de 22.000 euros, e para facer campaña electoral. Quén ten intereses económicos?”.

Sobre as referencias a presións empresariais, zonas escuras  e outras manobras, a concelleira convidou ao alcalde a denunciar todos estes temas na Fiscalía.”Se veu algunha cousa ilegal debería denunciar “.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos