10.9 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Accidente entre un tractor e un coche en Muxía

Información AXEGA 112

Sobre as 18:30 horas desta tarde, o 112 Galicia recibía a chamada dun alertante que informaba dun accidente entre un tractor e un coche, en Nemiña, no concello de Muxía.

Ata o lugar  desprazáronse decontado os servizos sanitarios de urxencia, os axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil. Así mesmo, foron informados polo 112 Galicia os axentes da Policía Local e os Bombeiros de Cee, que nada mais chegar ao punto, descartaron o uso do material de excarceración.

Segundo se lle informou ao 112 Galicia, o condutor da máquina agrícola foi trasladado polo persoal sanitario ata o Hospital Virxe da Xunqueira e a condutora do turismo foi atendida no mesmo lugar polos profesionais sanitarios.

FOTO-Protección Civil Muxía

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos