19.8 C
Santa Comba
jueves, septiembre 19, 2024

García Carballido renuncia ao soldo do concello e volve ás aulas

Un día despois de que o pleno decidira baixarlle o soldo, cos votos de cinco dos seus compañeiros, Lois García Carballido anunciou a súa renuncia ao novo soldo  e o seu reingreso a súa actividade de docente.

“Estiven 9 anos na política local sen cobrar do Concello, tres deles de Alcalde. Mentres,Pose Verdes cobraba un soldo de tenente Alcalde, que empalmou logo coa súa xubilación” sinalou  Carballido, que lembrou os nove anos “de compromiso absoluto cos veciños e veciñas de Ponteceso” e a maioría absoluta do PSOE.

«Quitarme o soldo non prexudica ao alcalde, senón ao concello»

Nun comunicado de prensa engadiu:“No último tramo da lexislatura, o Concello colleu un grande impulso con melloras en infraestruturas, deportes, cultura e turismo” sendo o emprego “a prioridade”.

Dixo que esta situación debeuse “á dedicación ao Concello por parte do alcalde, que favoreceu as xestións para conseguir facer realidade subvencións e obras por millón de euros”.

En relación á moción presentada por APIN e apoiada polo PP e por unha parte do PSOE o alcalde aclara que son os concelleiros e concelleiras que votaron a favor “os que teñen que explicar os motivos”. “Quitarme o soldo non prexudica ao alcalde, senón ao Concello”, engade.

Mensaxe para «os que teñan un proxecto diferente»

Lois García asegurou que seguiría traballando:“Quero dar as grazas a toda a xente que nos apoiou. Anúnciolles que seguimos a traballar por eles, por todas e todos. Sobre todo, agradezo aos que se están manifestando publicamente a favor deste proxecto. Os e as que teñan un proxecto diferente, que o expoñan, que nomeen un líder e que busquen o apoio da xente”.

O rexedor agarda contar co apoio da corporación:“Vou seguir como Alcalde aínda que estarei de profesor para dar sustento aos meus fillos. As iniciativas que sexan para mellorar o Concello, van contar co meu respaldo, e espero tamén contar co respaldo de toda a Corporación, para facer do noso Concello un modelo de benestar e desenvolvemento”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos