Despois de que se aprobara por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) o plan de viabilidade do citado parque empresarial, agora deberase confirmar a demanda existente por parte das empresas.
Para seguir coa planificación o director xeral do IGVS, Heriberto García, e o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, mantiveron esta semana un encontro.
O futuro parque empresarial de Coristanco emprazarase no enlace entre as estradas AC 552 e AG 55, na parroquia de Oca, e terá unha superficie total próxima aos 175.000 metros cadrados.
Compromiso de Núñez Feijóo
Outro dos temas que hai que determinar son, segundo a Xunta “as necesidades de conexións exteriores do mesmo, especialmente no que se refire á posible demanda de auga e enerxía eléctrica do parque e ás necesidades de saneamento do mesmo”.
O polígono industrial de Coristanco, unha vella demanda desde fai décadas, foi unha promesa electoral do entón candidato do PP, Juan Carlos García, que contou co aval do propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo nunha visita ao Verxel de Bergantiños.
Foto- Visita de Feijóo en 2019