6.5 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Un incendio arrasou por completo unha casa deshabitada en Carballo

Unha construción anexa foi o único que se salvou do incendio que esta mañá arrasou por completo unha vivenda máis a súa contorna, en Rus-  Carballo.

Por fortuna, ninguén resultou afectado por este lume, no que os efectivos de extinción empregaron unhas cinco horas para apagalo. A cantidade de obxectos almacenados nunha explanada e nun alboio lindeiro coa vivenda aumentou a carga deste incendio, que acabou por devorar completamente a vivenda unifamiliar.

Cómpre lembrar que este suceso tivo lugar pouco antes das dez desta mañá, cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para dar conta do que estaba a acontecer no lugar de Arganosa, en Carballo. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia activou un operativo, no que participaron os Bombeiros de Carballo, os axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como os voluntarios de Protección Civil da localidade.

Fonte-AXEGA 112
FOTOS- Bombeiros de Carballo

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos