Comprometidos coa súa terra. Mantendo a tradición folclórica viva e tamén dispostos a loitar contra o lume.O grupo de gaiteiros “SantaCombers” da asociación Axio Mouro, despois de animar coa súa música o día do Carme de Bustelo, na parroquia de Montouto, conseguiron frear un lume decretado na contorna da capela da Virxe do Carme.
Apoiados por veciños como Carlos Vieito ou José Luís Calvo Antelo evitaron que as lapas se extenderan, ata que chegaron efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba procederon a súa extinción cunha motobomba.
Con esta acción evitaron danos na contorna e na propia capela.Recibiron os parabéns do propio concello e incluso o profesor da escola de música tradicional, Pablo Seoane, non dubidou en amosar o seu orgullo pola acción dos seus compañeiros.