13.5 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

Teresa Castro e José Novo falaron da asociación de empresarios en Radio Xallas

Entrevista completa a partir do minuto 62

A presidenta en funcións da asociación de empresarios de Santa Comba, Teresa Castro e o vicepresidente, José Novo, aspiran a continuar nos seus cargos, xa que se presentan ás eleccións que se celebrarán este martes. A outra candidatura está liderada por Alberto Romar.

Nunha entrevista en Radio Xallas fixeron balance do traballo feito nestes catro anos coas Feiras de Primavera e Outono, as galas solidarias, o recoñecemento e José Manuel Arufe, convenios, cursos de formación, Ruta das Tapas ou as xuntanzas co goberno local para incidir na necesidade dun Centro de Día e da  ampliación do Polígono Industrial.

Para José Novo “aguantar a asociación sen un duro de subvnecións en época de crise foi un milagro económico”. Pensa que hai un “equipo cohesionado” para seguir traballando.

Unión despois das eleccións

Algo no que coincide Teresa Castro, que destaca o entendemento que hai na actual xunta directiva, o traballo feito (“fixemos todo o que poidemos”) e os proxectos que teñen previstos.

O que ten claro e que despois das eleccións ten que seguir habendo unión:”Non vai a haber gañador nin perdedor”.Tanto Castro como Novo pensa que non é “compatible” a pertenza do chamado BNI:”Non temos claro que isto sexa compatible coa asociación de empresarios” afirma a candidata.

”O fin común debe de ser os empresarios de Santa Comba, non as empresas foráneas. A nosa empresa ten que seguir sendo Santa Comba” engadiu José Novo.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos