”Nestas queixas que fan os alcaldes, a xente sabe onde está a responsabilidade e quen lles soluciona os problemas”.
O presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, agradeceu o apoio dos votantes da Costa da Morte e de Xallas e dixo que asumen a “grande responsabilidade” e “imos traballar todo o que poidamos e esperamos que nadie se arrepinta do seu voto”.Calvo lembrou que hai proxectos pendentes de executar na comarca.
Declaracións de Diego Calvo
Sobre os resultados na zona dixo que “son un alicerce para os portavoces que temos nos concellos” e avogou por “saber encauzar a opinión dos cidadáns para que tamén nos apoien nas eleccións municipais”. Está convencido de que “O Partido Popular vai a mellorar na Costa da Morte”.
Tamén aludiu as recentes queixas dos alcaldes sobre as obras da autovía da Costa da Morte:”Nestas queixas que fan os alcaldes, a xente sabe onde está a responsabilidade e quen lles soluciona os problemas”.
“A xente premia a traxectoria de catro anos”
Incidiu neste tipo de críticas:”O elector sabe distinguir moi ben cando a xente comeza a queixarse nos quince días de campaña” e polo tanto “o que se premia é a traxectoria durante catro anos”.
Sobre o fracaso de partidos coma Vox ou a coalición Galicia en Común afirmou:”A xente non quere crispación, quere solucións aos problemas. Os extremismos en Galicia non teñen cabida”