3.1 C
Santa Comba
sábado, diciembre 3, 2022

Actos vandálicos en Laxe

Distintos puntos da zona seguen entrando no «clube» dos espazos agredidos pola acción de persoas incívicas.

Nesta ocasión, desde o concello de Laxe, deron conta de actos vandálicos no Monte da Ínsua “un lugar de espallamento para achegarnos a unha natureza singular cunhas vistas abraiantes sobre a Costa da Morte e o océano Atlántico”.

O mobiliario público sufriu accións incomprensibles como se poden observar nas fotografías difundidas desde o propio consistorio.

As autoridades municipais lembran que “levamos feito moitos esforzos en converter este lugar nun verdadeiro xardín, un balcón natural sobre o Océano Atlántico que é de todos e para todos”.

E non ocultan o seu malestar porque esta paraxe sexa un “ lugar ideal para que vándalos e incívicos sen máis mínimo respecto polo esforzo de moita xente dean roda libre aos seus máis noxentos instintos”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
507SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos