15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Carta Aberta da Xunta Directiva en funcións ós socios da asociación de empresarios de Santa Comba

Atendendo á petición dos seus autores publicamos esta carta íntegra.

CARTA ABERTA DA XUNTA DIRECTIVA EN FUNCIÓNS ÓS SOCIOS DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA 

Estimados amigos,

Como sabedes o próximo dia 21 de Xullo celebraremos a Asamblea Xeral da nosa asociación xunto coas eleccions á Xunta Directiva. A directiva actual reafirmamos a nosa candidatura e contamos con dúas novas incorporacións; como sabedes o feito de ter eleccións e algo novidoso para nós xa que na historia da nosa entidade sempre se chegaron a acordos entre as distintintas candidaturas para configurar directivas de consenso.

Alegrámonos de que o interese polo ben da nosa Asociacion callara na formación dunha candidatura alternativa formada por xente nova con inquedanzas e ideas novas; nós mesmos deixaríamoslle gustosamente as rendas da Asociación se non fose por certos inconvintes que vemos nesa candidatura que nos causan temor e preocupación polo futuro a corto prazo da nosa entidade. De ahí a nosa decisión de volver a presentarnos.

En primeiro lugar queremos expoñer o noso agradecemento ás nosas empregadas que son a cara visible da nosa entidade, e que sempre atenderon con dilixencia e profesionalidade ós nosos socios, as súas demandas e recomendacións e son, en gran parte, responsables do éxito das nosas feiras, rutas de tapas, homenaxes, cursiños, envío de información de todo tipo de axudas, subvencións, etc… sempre dentro das nosas posibilidades.

En segundo lugar pasamos a detallar os inconvintes que vemos na candidatura alternativa:

Unha das cousas que nos preocupa é o total descoñecemento do funcionamento interno da nosa entidade, xa que ningún dos integrantes da candidatura alternativa coñece os procesos e rutinas que o longo dos anos serviron para consolidar, por exemplo, a Feira da Primavera como a mais importante do noroeste peninsular na súa categoria. Estes procesos técnicos e burocráticos inclúen dende a tramitación de permisos e licenzas ata as negociacións con proveederos, xestión de participantes etc,. É un proceso de certa complexidade non exento de riscos como pode ser algunha sanción administrativa por non cumprir a Lei de Comercio, o que acarrearía unha sanción de 60.000 euros ou máis (xa que tivemos unha sanción menor de 1.500 euros totalmete inxusta) que asumiría a título persoal cada membro da directiva. Para evitar riscos e minimizar danos creamos a Asociación Costavales que da soporte legal ás feiras, como precaución ante unha máis que probable nova sanción debido a persecución institucional á que están sometidos estos eventos feirales.

Outra das cousas que nos preocupa e a pertenza dalgúns membros da candidatura alternativa ó denominado BNI ACO Dolmen – CNM A Coruña. O feito de pertencer por contrato, cunha cota anual de 1.000 euros, a unha entidade adicada o networking ou márketing por referencias, non é por suposto ningunha actividade ilegal; o que sí consideramos como mínimo reprobable e éticamente cuestionable, e que integrantes dunha candidatura a liderar unha asociación de empresarios na que se deben defender os dereitos e intereses de todos e cada un dos asociados sin ningun tipo de discriminación e de xeito igualitario, estean obrigados por contrato a recomendar ós seus clientes os servicios dalgunhas empresas locais e moitísimas foráneas coas que comparten pertenza ó BNI. Sendo unha das súas premisas:

“Usted es el experto: Sólo una persona de cada especialidad profesional puede unirse a un grupo de BNI, lo que elimina la posibilidad de competencia entre nuestros miembros. Cuando se une a un grupo, usted es el único representante de su categoría profesional y puede desarrollar relaciones con otros en el grupo como su prescriptor de confianza para sus servicios”.

Non dudamos de que esta filosofía aporte grandes beneficios ós seus membros pero consideramos que os obxectivos entran en contradicción cos dunha asociación empresarial de ámbito local, onde calquera asociado ten as mesmas oportunidades de ser promocionado e recomendado que calquera outro socio. Buscar o beneficio propio excluíndo a outros do mesmo sector ou a outros asociados, elimina a competencia pero anula por completo o espíritu asociativo e a igualdade de oportunidades.

Tememos que se poida producir unha baixa masiva de socios cando se decaten de que estanlle a facer a competencia e quitándolle clientes dende a propia Asociación de Empresarios (temos socios que nos solicitaron a expulsión daqueles que estean afiliados a ese Grupo de Marketing por referencias; aínda que esta incompatibilidade non está recollida nos estatutos , sí se recolle a perda de condición de socio pola realización de accións que perxudiquen gravemente os intereses da asociación – Art. 7.c ). Tamén nos preocupa que o modo de xestión da Asociación copie usos e maneiras propias das empresas do marketing por referencias que tanto admiran e que irremediablemente acaben provocando un aumento dos costes operativos co conseguinte aumento do prezo das cotas a cobrar aos asociados.

Por estas cuestións que non son precisamente menores e porque estamos inmersos en proxectos que poden ser de vital importancia para o futuro de Santa Comba acordamos presentarnos a reelección e pedimos o voso voto; sabemos que escoitáchedes cantos de sirena, e que quizais delegáches o voso voto en terceiras persoas sen facer unha reflexión previa, pero podedes achegarvos o dia 21 de Xullo ó Multiusos onde se celebrará a Asamblea e a correspondente votación, xa que sempre prevalece o voto presencial sobre o delegado. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos