10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Encarna Liñeiro:”A Costa da Morte sofre un abandono total e absoluto por parte da Xunta”

Audio- Entrevista a Encarna Liñeiro Pouso

Foto- Víctor Hugo

A candidata socialista pola Costa da morte “ten a esperanza” de que Gonzalo Caballero sexa o próximo presidente autonómico porque a comarca “sofre un abandono total e absoluto” por parte da Xunta.

“Un exemplo é a Mostra do Encaixe, que en once anos non se dignaron a visitala” afirmou Encarna Liñeiro, en referencia a ausencia de Feijóo a este evento.

«Un goberno que saiba onde está a Costa da Morte»

“Necesitamos un goberno que saiba onde queda a Costa da Morte e que non delegue as responsabilidades nas alcaldesas e nos  alcaldes” engadiu.
Referiuse a necesidade dun transporte público de calidade:“Un estudiante de Camariñas ou Fisterra un domingo tarda dúas horas e media en chegar a Santiago”.

Pero tamén dixo que se precisa que a autovía chegue ata Berdoais e se faga a variante de Calo, unha mellora na sanidade, na atención pediátrica ou máis investimentos en lonxas e portos da bisbarra. Lembrou que a “lonxa vella” de Camariñas está nun estado “lamentable” pero o concello segue agardando pola cesión por parte da Xunta.

Lei de Cambio Climático

Por último, sobre as acusacións do PP en relación coa Lei de Cambio Climático dixo que era “completamente falso” e “unha alarma inxustificada”, argumentando que estaban en “contacto permanente” co goberno do estado.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos