O candidato do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, insistiu en Carballo que “todo está preparado pero nada está decidido” e aínda que as enquisas son favorables ao PP “non hai ningunha maioría absoluta asegurada”.
Pediu o voto na capital de Bergantiños para non “hipotecar o futuro de Galicia” e porque “quero ser o voso presidente catro anos máis” deixando claro que “non le presento para derrotar a ninguén senón para que Galicia gañe”.
Na súa intervención fixo balance da súa xestión nunha Galicia que é “a comunidade autónoma con máis profesores por alumnos de taxas universitarias mas baratas de España durante 11 anos consecutivos”.
Feijóo dixo :”Cando chegamos ao goberno habíaa 14.000 maiores cobrando a Lei de Dependencia e agra hai 61.000”. Destacou aademais que “temos o dobre de prazas en garderías, un 70% máis de cota pesqueira e somos o oitavo produtor de leite de toda Europa”.
Tamén se referiu a construción de dúas escolas infantís en Carballo, a máis de 3,5 millóns de euros en investimentos en centro educativos, ou na autovía da Costa da Morte que chegará a Vimianzo. Citou a Circunvalación de Carballo e o Parador de Turismo de Muxía:”O PSOE abriuno pero pagámolo nós”.
O primeiro en intervir no mitin foi o candidato bergantiñán, Rubén Lorenzo:”Galicia máis ca nunca necesita experiencia e non experimentos. Feijóo é necesario para Carballo”.
O presidente provincial e tamén candidato, Diego Calvo afirmou:”Hai dúas opcións. Entre un líder sólido e consolidado ou unha récua de partidos que aínda hoxe non teñen un líder e a única preocupación é que Feijóo non estea na Xunta”.