5.5 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

González Formoso sinala ó emprego e ós servizos sociais como prioridades nos investimentos da Deputación na zona

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitou a localidade de Muxía onde mantivo un encontro cos alcaldes de Camariñas, Sandra Insua; Cee, Margarita Lamela; Corcubión, Lalo Insua; Dumbría, José Manuel Pequeño; Fisterra, José Marcote; Vimianzo, Mónica Rodríguez;  Zas, Manuel Muíño; Carnota, Juan Manuel Saborido e Malpica, Walter Pardo.

Neste encontro asegurou que estimular a creación emprego, axudar a reactivar a economía e reforzar os servizos sociais municipais serán as «prioridades absolutas» dos investimentos da Deputación da Coruña tras a Covid19. 

A labor dos alcaldes e alcaldesas

O presidente destacou «a labor do mundo municipal, que estivo á altura das circunstancias  con alcaldes e alcaldesas coma Iago Toba, que estiveron a carón dos seus veciños afrontando momentos complicados, asumindo competencias propias e impropias para garantir o correcto funcionamento dos servizos públicos durante a pandemia», así como a de numerosos colectivos coma camioneiros, sanitarios, protección civil ou traballadores dos supermercados «aos que hai que recoñecerlles o seu esforzo e non olvidalo», pois tiveron «un papel fundamental» para que o país seguira funcionando.

«Ante unha situación insólita como a que vivimos a única prioridade de todos os alcaldes e alcaldesas da Costa da Morte foi atender á xente, as súas necesidades» declarou o alcalde de Muxía, Iago Toba, salientando o importante papel que tivo e que vai a ter a Deputación na reconstrucción da normalidade nos nosos municipios».

Neste sentido, o presidente da Deputación da Coruña explicou que, tras un proceso de restruturación a fondo dos orzamentos de 2020 para adaptalos á realidade poscovid, o seu goberno terá a reactivación económica e a potenciación dos servizos sociais como principais prioridades.

Formoso afirmou que no pleno do pasado venres, a Deputación aprobouse por unanimidade consignar unha partida de 10 millóns de euros para financiar, ao abeiro do PEL, un novo plan especial de reactivación destinado a apoiar aos autónomos e microempresas máis afectadas pola crise da Covid19, tamén nos municipios da Costa da Morte.Cifrou en cinco millóns de euros as achegas da Deputación a través de distintos plans.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos