13.4 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Acceso ao Polígono de Vimianzo: a Xunta propón un convenio que non agrada ao goberno soneirán

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, mantiveron unha xuntanza para tratar sobre o acceso ao polígono empresarial deste municipio desde a vía de altas prestacións que proxecta o Executivo galego.

A Xunta ofrece asumir o proxecto

Vázquez Mourelle propuxo a sinatura dun convenio de colaboración polo que a Xunta “se comprometería a reforzar a súa contribución ao desenvolvemento da conexión do polígono de Vimianzo coa vía de altas prestacións, pese a ser o seu desenvolvemento unha responsabilidade exclusiva do Estado, como titular do ámbito empresarial”.

Desde a Xunta insisten que o acceso é unha responsabilidade, neste caso, de Suelo Empresarial del Atlántico. Aínda así, Ethel Vázquez amosou a disposición do goberno galego, mediante este convenio, para asumir a redacción do proxecto de trazado e de construción e o tramite ata a súa aprobación, ademais de tramitar as expropiacións, deixando para Suelo Empresarial del Atlántico a financiación da construción da obra.

Son «escasas solucións» para a alcaldesa de Vimianzo

Unha solución que non convenceu á alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, que considera a proposta de Ethel Vázquez de ‘insuficiente debido ao calado do proxecto. Entendemos que é algo que atinxe ao interese común de moitas veciñas e veciños da contorna e non nos parece correcta a disposición da Xunta de Galicia”.

Mónica Rodríguez agradece “á conselleira por terme recibido e escoitar as miñas propostas, pero non tanto as escasas solucións que se nos plantexan para executar un problema de índole autonómica”.

Non oculta a súa preocupación “por un tema incerto neste momento, pero polo que seguiremos loitando xa que é de gran relevancia. Vimianzo ten que contar con ese enlace” afirmou.

Desde o concello de Vimianzo aseguran que existen numerosos exemplos de execución e financiación autonómica sobre vías da súa titularidade, como o correspondente á conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos