4.9 C
Santa Comba
martes, diciembre 24, 2024

Programa de Verán do concello da Laracha

Ofértanse un total de 398 prazas nas propostas que requiren de inscrición previa.

 O Concello da Laracha presenta o programa de verán de actividades culturais, deportivas e de ocio que se desenvolverá desde a segunda semana de xullo e ata principios do mes de setembro. Nesta ocasión a programación estará adaptada ás especiais circunstancias provocadas pola Covid-19, sendo limitadas as prazas ofertadas na maioría das propostas para cumprir os aforos máximos permitidos e obrigatorio que os participantes acudan a elas con máscaras.

A maioría das actividades van dirixidas ao público infantil xa que un dos obxectivos esenciais é facilitar a conciliación da vida persoal e laboral das familias con nenos ao seu cargo. O prazo para anotarse abrirase o luns, outorgándose as prazas dispoñibles -un total de 398 entre todas as disciplinas- por estrita orde de inscrición.

Campamento en Caión e xornadas multiaventura en Mazaricos

Neste verán non se poderán celebrar os tradicionais campamentos municipais na praia de Caión, que son substituídos polos campamentos multiactivos que se levarán a cabo no campo de fútbol e pavillón municipais da Laracha en catro quendas de cinco días de duración cada unha delas e en horario de mañá. Van dirixidas a nenos de entre 4 e 12 anos de idade.

En xullo ofértanse ao público infantil sendos cursos de iniciación ao surf (na praia de Caión) e ao golf (campo de Larín), que en ambos casos se realizarán en dúas quendas para permitir a participación dun maior número de persoas. Tamén dirixidas aos nenos están as xornadas multiaventura a realizar en Mazaricos os días 23 e 30 de xullo.

Dúas propostas que volven organizarse trala boa acollida dos anos anteriores son a xornada de paintball en Cacheiras de Teo (6 de agosto, para maiores de oito anos) e o barranquismo no río Almofrei (20 de agosto, para maiores de 12 anos de idade).

En agosto Caión será o lugar de realización doutras tres actividades: paddel surf (día 11, para maiores de 10 anos), kaiak (18 de agosto, tamén sendo necesario ter cumpridos os dez anos de idade) e travesías en barco polo litoral da vila (26 de agosto).

Espectáculos de rúa e outras actividades

Neste verán de incertezas sobre a posibilidade da celebración das festas populares, o Concello ten programados espectáculos de rúa –ao aire libre- dirixidos a todos os públicos en datas moi simbólicas no termo municipal. Así, na fin de semana das festas do Carme (18 e 19 de xullo), o porto de Caión acollerá “La Coquette” de Kanbahiota e “Voa, voa!” de Talía teatro. Na fin de semana das festas patronais da Laracha (15 e 16 de agosto), na Praza Olonne Sur Mer haberá os espectáculos “Forzu2 + aéreos” de Circo Chosco e «A gran viaxe» de Inventi Teatro. E o día dos Milagres (martes 8 de setembro), na praza Eduardo Vila Fano de Caión actuará Fantoches con “Monstros no camiño”.

Por último, salientar que o programa tamén inclúe a proxección de cinco filmes ao aire libre, en todos os casos a partir das 22:30 horas, coas películas “Los futbolísimos” (10 de xullo na Laracha), “Ralph rompe internet” (17 de xullo en Caión), “Superlópez” (7 de agosto en Paiosaco) e “Meigallos” (21 de agosto en Caión).

Colaboran co Concello da Laracha na organización deste programa a Xunta de Galicia a través da Rede de Dinamización Lingüística e a Deputación da Coruña.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos