10.8 C
Santa Comba
sábado, abril 1, 2023

Ana Pontón:“Imaxinade o paso de xigante que vai poder dar Carballo cun Goberno da Xunta que apoie as demandas deste concello”

A candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón ,pediu unha gran mobilización nas urnas para abrir un tempo novo en Galicia: “ou inmobilismo do PP ou cambio galego da man do BNG”.

Tivo palabras de recoñecemento para o traballo desenvolvido polo alcalde Evencio Ferrero e dixo que unha das súas motivacións nesta cita electoral é “ser a presidenta dun Goberno aliado de Carballo”.

Deixou claro o seu compromiso coa capital de Bergantiños e dixo:“Imaxinade o paso de xigante que vai poder dar Carballo cun Goberno da Xunta que apoie as demandas deste concello”.

Pontón incidiu nesa idea no seu mitin nesta localidade:“Apoiaremos esas lexítimas demandas desde a Presidencia dun goberno galego que terá a man tendida con este concello por primeira vez en once anos”.

A candidata nacionalista referiuse a cuestións concretas:“Tendes o meu compromiso para sacar adiante a circunvalación, porque é unha demanda incontestable, porque a veciñanza ten toda a razón cando reclama un entorno seguro e con calidade de vida, e para iso é imprescindible aliviar o tráfico de vehículos pesados que hoxe cruzan a vila e darlle unha alternativa áxil comunicando con Santiago e e cara o sur do país”. 

E non se esqueceu doutra cuestión prioritaria:“E o mesmo faremos coa vella demanda de poñer en marcha as infraestruturas necesarias para abastecer de auga á costa, como é o caso de Razo e Baldaio, ou para evitar as inundacións derivadas da enchentes do Río Anllóns ao seu paso polo centro do concello”.

Salientou que “Carballo e a súa comarca van pasar a ser unha prioridade da man dun goberno implicado coas necesidades deste concello e da súa veciñanza. Desde aqui o meu compromiso de que, se teño a confianza dos galegos e das galegas, a partir do 12 de xullo acabouse o tempo da discriminación e do maltrato con Carballo e empeza o tempo da colaboración e do traballo conxunto entre o Goberno galego e o goberno deste concello”.

No acto tamén participou o alcalde carballés, Evencio Ferrero e os candidatos Xoán Sande, Daniel Pérez e Mercedes Queixas. 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos