13.4 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Un menor ao que levaba a corrente causa a alarma entre os bañistas da Praia de Caión

Info-AXEGA 112- Foto archivo

Aconteceu na praia de Caión, no concello da Laracha

O 112 Galicia recibiu ás 17 horas de hoxe a chamada de alerta dunha persoa que viu como o rapaz tiña dificultades para volver á beira. Decontado, un home lanzouse á auga na súa procura e conseguiu rescatalo sen que sufrise danos.

Segundo explicaron os axentes da Policía Local a través do 112, tratouse dun membro da Garda Civil fóra de servizo quen se botou á auga para socorrer ao neno, que estaba no medio da auga e cuberto, ademais, pola néboa. 

Pola súa parte, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos equipos de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén foron informados os axentes da Policía Local, así como os voluntarios de Protección Civil da localidade.

Con todo, o rapaz saíu da auga coa axuda do seu rescatador e puido reunirse coa súa familia. Por fortuna, atópase en bo estado de saúde.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos