Puxo como exemplo da xestión a sala de usos culturais prevista:”Vamos a facer unha sala que costa 350.000 euros”.
O portavoz do Partido Popular de Fisterra, José Manuel Traba, criticou a falta de “planificación” dun goberno bipartito formado por PSOE e BNG que “se poñen verdes nas redes pola medalliña dunha obra dun parque en Sardiñeiro”.
Para o portavoz do PP a inacción municipal refléxase no Plan Xeral:“Aínda non se poden outorgar licenzas despois dun ano de aprobar o plan, nin se sabe cando se poderá”.
Un proxecto gafado, obsesión do BNG
E tamén no proxecto de adecuación da planta superior do mercado para actividades culturais. No programa radiofónico “Na Encrucillada” relatou como se levou a pleno a proposta “sen planos e sen o proxecto completo”. Dous meses despous volveuse a trasladar o tema á cámara municipal “sen informes sectoriais”.
Traba pensa que este proxecto “gafado” xa tivo unha mala xestación “encargouse a un arquitecto amigo” e logo “sacouse a concurso e non se presentou ningunha empresa”.
Entrevista completa a partir do minuto 65
Para ao final “incrementarse o valor da obra nun 33%.Vamos a facer unha sala que costa 350.000 euros ”. Unha actuación que “foi unha obsesión do BNG” que acabaou “arrastrando” ao PSOE, que lidera o alcalde José Marcote.”Esta é a imaxe do funcionamento deste goberno” engadiu Traba Fernández.
Os populares citando o plan urbanístico, o de mobilidade e o de turismo conclúen:”As planificacións dos goberno de Fisterra son ficticias porque ao final non se aplica nada do que se aproba”.Tamén lamentan que o concello “nin sequera pediu a bandeira azul”, e lembran que Fisterra chegou a ter dúas.