13.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Traba:”As planificacións do goberno de Fisterra son ficticias porque ao final non se aplica nada do que se aproba”

Puxo como exemplo da xestión a sala de usos culturais prevista:”Vamos a facer unha sala que costa 350.000 euros”.

O portavoz do Partido Popular de Fisterra, José Manuel Traba, criticou a falta de “planificación” dun goberno bipartito formado por PSOE e BNG que “se poñen verdes nas redes pola medalliña dunha obra dun parque en Sardiñeiro”.

Para o portavoz do PP a inacción municipal refléxase no Plan Xeral:“Aínda non se poden outorgar licenzas despois dun ano de aprobar o plan, nin se sabe cando se poderá”.

Un proxecto gafado, obsesión do BNG

E tamén no proxecto de adecuación da planta superior do mercado para actividades culturais. No programa radiofónico “Na Encrucillada” relatou como  se levou a pleno a proposta “sen planos e sen o proxecto completo”. Dous meses despous volveuse a trasladar o tema á cámara municipal “sen informes sectoriais”.

Traba pensa que este proxecto “gafado” xa tivo unha mala xestación “encargouse a un arquitecto amigo” e logo “sacouse a concurso e non se presentou ningunha empresa”.

Entrevista completa a partir do minuto 65

Para ao final “incrementarse o valor da obra nun 33%.Vamos a facer unha sala que costa 350.000 euros ”. Unha actuación que “foi unha obsesión do BNG” que acabaou “arrastrando” ao PSOE, que lidera o alcalde José Marcote.”Esta é a imaxe do funcionamento deste goberno” engadiu Traba Fernández.

Os populares citando o plan urbanístico, o de mobilidade e o de turismo conclúen:”As planificacións dos goberno de Fisterra son ficticias porque ao final non se aplica nada do que se aproba”.Tamén lamentan que o concello “nin sequera pediu a bandeira azul”, e lembran que Fisterra chegou a ter dúas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos