Confirma o seu compromiso co concello de Muxía e a súa lealdade ao PSOE// A concelleira non se presentou a unha reunión a que foi convocada pola dirección provincial do partido//
O alcalde de Muxía, Iago Toba, quixo pedir “desculpas ao pobo de Muxía en nome do PSdeG-PSOE pola lamentable actuación dunha concelleira (no último pleno rompeu a disciplina de voto) que ademáis utiliza os medios de comunicación para atacar ao alcalde e ao Partido Socialista, vertendo descalificaciòns persoais e acusaciòns políticas mói graves”.
A pesar das críticas difundidas no xornal La Voz de Galicia – Edición Carballo, Toba ratificou o seu compromiso co pobo de Muxía, que lle “outorgou a confianza para ser alcalde durante o mandado 2019-2023”.
Defender os intereses do pobo de Muxía
Eso sí, Toba Lamenta que Mónica Vilela “non respete as normas do Partido, enturbie a xestiòn do goberno municipal e esqueza que o primeiro que hai que defender son os intereses do pobo de Muxía, como fai o alcalde día a día”.
Segundo explica o mandatario, a concelleira “foi convocada pola dirección provincial do Partido a unha reunión con tòdolos concelleiros e concelleiras o pasado xoves e a concelleira non se presentou, facendo caso omiso”.
Poal súa banda o rexedor muxián ratifica a súa lealdade co PSOE “ partido no que milita e ao que lle agradece a confianza depositada para liderar a candidatura socialista de Muxía”.