16.8 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

José Marcote:“Parece que os concellos aínda non somos maiores de idade.Necesitamos autonomía financieira”

O alcalde de Fisterra, José Marcote lamentou a falta de “autonomía financiera” dos concellos:“Parece que os concellos aínda non somos maiores de idade. Necesitamos autonomía financieira. Aínda temos 17 anos e non pasamos de aí nunca”.Para o rexedor “falta unha terceira descentralización do estado”.

ESCOITA A ENTREVISTA COMPLETA(Desde o min 80)

Sistema de subvencións «arcaico» da Xunta

Criticou o sistema de subvencións da Xunta de Galicia:”É arcaico. Nunca sabes de cantos cartos dispoñes”. Pensa que o mellor modelo é o da Deputación da Coruña:”Se traballaran igual ca Deputación da Coruña, saberíamos os recursos económicos que teríamos cada ano, pero así non podemos planificar”.Non entende esa idea de “tutelarnos xa que “teñen un poder que non ten sentido”.

Goberno de Fisterra:»Temos os nosos problemiñas»

Sobre o pacto de goberno que se mantén en Fisterra e sobre a ausencia de grandes polémicas coa oposición tamén falou. Agradeceu esa certa tranquilidade:”eu entendo que os nosos veciños o que queren é ver que estamos para traballar e non para pelearnos entre nos. Todo mundo ten algo que aportar”.

En relación co pacto co BNG dixo que estaban “traballando codo con codo para facer todo o mellor posible” e matizou que “temos os nosos problemiñas, non sempre estamos de acordo en todo”.

Sobre este ano de lexislatura o alcalde afirmou que “non me gusta facer balances. O traballo é continuo e un ano segue ao outro”. Agora mesmo, en referencia ao Covid e ao turismo indicou:”a nosa preocupación é que a estancia da xente sexa segura”.

Accesos e xestión do Faro de Fisterra

“O turismo é o motor da economía do pobo” comentou José Marcote, valorando o arranxo da estrada do Faro, se ben engadiu que “a xestión do faro está media empantanada”.

Agarda que avance e lembrou que xa transmitiron a súa alternativa ao respecto:”A nosa idea era moi diferente á que tiñan(Autoridade Portuaria) que estaba pensando en facer outro espazo hotelero”.

Presentaron un proxecto no que apostan por un centro de interpretación referido ao fin do Camiño e ao mundo da navegación.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos