10.8 C
Santa Comba
sábado, abril 1, 2023

Piden unha solución á falta de espazo no PAC de Cee

O sindicato CIG- Saúde denuncia á falta de espazo para a atención de pacientes no PAC de Cee e piden unha solución ao respecto.

Como lembra a responsable comarcal de CIG-Saúde, Lucía Peón, coa pandemia sanitaria “fíxose necesaria a distribución dun dobre circuíto de entrada nas urxencias hospitalarias do Hospital Virxe da Xunqueira”.

Isto incidiu no espazo que había para o PAC ceense.»Esta situación provoca que as/os pacientes sexan atendidas/os en espazos non axeitados, onde mesmo hai dificultades para a entrada e saída de padiolas e incluso dificultades co tránsito de cadeiras de rodas» sinalou Peón.

Desde CIG-Saúde tamén queren que se aclaren as “contradicións” entre as mensaxes da Xunta e do concello de Cee. 

Indican que a Xerencia da Coruña comunicou a intención de trasladar o PAC ao Centro de Saúde, mentras que a alcaldesa Margarita Lamela afirmou “que haberá obras no centro de saúde encamiñadas a arranxar a fachada e o pavimento, pero en ningún caso fala de modificacións arquitectónicas que adecúen o espazo para o PAC. É máis, afirma que o PAC vai habilitarse no Hospital, cando xa está descartado pola Xerencia da área sanitaria da Coruña-Cee» indicou Lucía Peón..

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos