9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

O PSdeG promete impulsar un centro de interpretación da Costa da Morte no Faro de Fisterra

Para o cabeza de lista dos socialistas pola provincia coruñesa que o Faro de Fisterra leve pechado cinco anos «exemplifica a falta de xestión e de aposta polo patrimonio material e inmaterial de Galicia do PP”.

Pablo Arangüena responsabilizou ao presidente da Xunta, Núñez Feijóo, e ao presidente da Autoridade Portuaria da Coruña da situación. E tamén a Turismo da Xunta por rexeitar “a proposta do goberno local de instalar un centro de interpretación da Costa da Morte no Faro”.»Unha vez máis, o PP prima a explotación elitista do patrimonio común en vez do seu uso público e pedagóxico», engadiu.

O candidato comprometeuse a impulsar o centro de interpretación para que os milleiros de visitantes que chegan podan entender o significado e dimensión dun lugar tan especial como Fisterra nun escenario tan destacado coma a Costa da Morte.

Criticou ademais o abandono da zona portuaria por parte de Portos de Galicia e adquiriu o compromiso de analizar a posibilidade de construír un contradique que facilite o resgardo no peirao fisterrán.Na visita de Pablo Arangüena a Fisterra tamén estiveron membros da candidatura como Begoña Rodríguez e os alcaldes de Fisterra e Carnota.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos