2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Diego Calvo denuncia a “clara mala fe” do PSOE na Lei de Cambio Climático

Se esta semana a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, criticaba en Radio Xallas, a xestión de goberno coa Lei de Cambio Climático, nunha visita aos concellos de Cee e Muxía era o presidente provincial do PP e candidato Diego Calvo era o que lanzaba dardos contra o PSOE pola súa “clara mala fe” .

“Temos que ser conscientes do que suporía para esta zona o hipotético peche desta factoría, que da emprego a centos de persoas” declaraba Calvo na súa estadía na piscifactoría Tres Mares de Lires(Cee).

Incidía o representante popular na intención de limitar o prazo máximo da duración das concesións de empresas ou a revisión dos requisitos para outorgar a concesión cando se teña que decidir sobre a prórroga, así como a obriga de derivar fóra da zona de dominio público marítimo-terrestre as actividades que poidan desenvolverse noutro lugar. 

“A reactivación destes cambios tan prexudiciais para Galicia e para a Costa da Morte en particular fíxose de xeito pouco ético, en pleno estado de alarma, e dun xeito tamén pouco claro, a través dunha norma que non é de Costas”, aseverou o popular. 

Diego Calvo estivo acompañado pola portavoz en Muxía e candidata nestas eleccións, Sandra Vilela e polo portavoz popular de Cee, Antonio Domínguez.

Apertura Parador de Turismo

Tamén aproveitou para visitar o Parador de Turismo de Muxía que hoxe abría as súas portas: “Levamos anos agardando polo cumprimento dunha promesa feita polo goberno de José María Aznar, paralizada por Rodríguez Zapatero e reactivada novamente grazas ás xestións de Alberto Núñez Feijóo e á dotación orzamentaria do Goberno de Mariano Rajoy”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos