19.8 C
Santa Comba
jueves, septiembre 19, 2024

Ramón Vigo:”A meirande parte das obras que se están realizando veñen do goberno presidido por min”

Escoita a entrevista con Ramón Vigo desde o minuto 59.

O portavoz de Independentes por Cee pensa que este ano de lexislatura no concello de Cee foi “de propaganda pura e dura” e de “tentar afianzar a figura da alcaldesa”.

Para Ramón Vigo ”a meirande parte das obras que se están realizando veñen do goberno presidido por min”, ben xa contratadas ou planificadas polo executivo anterior.

Utilización das redes sociais do concello de xeito partidista

O exalcalde criticou a “utilización das redes sociais do concello de xeito partidista”.Para Vigo Sambade a oposición ceense, conformada por PP, IxCee, BNG e Ciudadanos, “está unida pola actitude da alcaldesa de actuar pola súa conta e risco en tódalas materias que se deciden no concello”.

Volveu a insistir na idea de que o concello de Cee “ten que ter estabilidade e son poucas opcións”. Unha delas é que se busquen “acordos puntuais” desde a alcaldía.

Sobre a pandemia sanitaria pensa que o goberno que lidera Margarita Lamela adoptou “medidas normais” excepto “algunhas que nós non compartimos en absoluto como as máquinas de ozono”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos