10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 25, 2023

David Gómez:”Hai preto de 800.000 euros que non se gastaron e pasan a remanente”

O portavoz do Partido Popular de Zas, David Gómez, asegurou que este primeiro ano de lexislatura “foi de moi pouca actividade” seguindo “coa mesma tónica” dos primeiros anos de mandato de Manuel Muíño “que soe despistarse un pouco”.

Gómez informa que “hai preto de 800.000 euros que non se gastaron e pasan a remanente”, polo que lle parece “unha auténtica burrada” que queden fondos sen executarse orzamentariamente.Entre outros asuntos engade que “seguimos agardando polo Tanatorio de Zas e a praza de Baio”.

Escoita a entrevista con David Gómez(Desde o minuto 59)

Lealdade do Partido Popular de Zas

Sobre a crise sanitaria destacou a “lealdade exemplar” do grupo popular nestes meses, aínda que criticou que durante este ano non se celebrou ningún pleno ordinario “nin se contou con nós para nada”.

David Gómez apoia o plan de axuda aos autónomos. Lamentou que a xestión ía cun pouco de retraso.”Esperemos que afecte a tódolos autónomos de Zas. Hai cartos e os cartos están para axudar á xente cando o necesita”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos