8.7 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Xosé Luís Rivas e Ana Miranda visitaron a Costa da Morte

En Cee, Corcubión e Malpica

O cabeza de lista pola Coruña, Xosé Lois Rivas, visitou os concellos de Cee e Corcubión, onde estivo acompañado polos candidatos Serxio Domínguez(Cee), Kuka Sar(Fisterra), e polo ex alcalde de Corcubión, Rafael Mouzo, entre outros membros do BNG da Costa da Morte.

Rivas pensa que é unha “anacronía” que o centro de día de Corcubión permaneza pechado despois dun investimento publico  de máis de 300 mil euros e dotado con todos os medios necesarios para dar servizo a máis de 25 familias.

Comprometeu a súa apertura sde o BNG ten responsabilidades de goberno.“O Goberno que aspira  a liderar o BNG  tras o 12X vai poñer ás persoas como eixo fundamental na súa acción política, atención máxima ás persoas, e en   particular ás que máis o precisan e as súas familias”, remarcou Rivas no seu encontro cos membros da Asociación Boca de Sapo que reivindican, xunto ao BNG de Corcubión, a apertura do centro de día.

O candidato nacionalista  tamén visitou os terreos en desuso dos antigos estaleiros de SICAR, no concello  de Cee, cuxa concesión finalizou no ano 2018 e agora, explicou “a decisión para novos usos é competencia de  Portos de Galicia”. Neste sentido, lembrou a intención dunha empresa para implantarse no lugar e desenvolver actividades relacionadas coa reparación de barcos. Avogou por darlle utilidade a eses terreos sempre que se manteña  “o equilibrio ambiental da ría” e cos bancos de marisco existentes.

O pasado xoves, Rivas acompañaba a candidata á presidencia, Ana Pontón, nunha visita a unha explotación láctea de Mazaricos.

Ana Miranda en Malpica

Pola súa banda a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda visitou o concello de Malpica, onde mantivo encontros co sector oleiro, de redeiras e da confraría de pescadores. Estivo acompañada polo candidato número 6 pola Coruña, Dani Pérez e polos concelleiros Daniel Reixía e Leticia Varela.

“É imprescindible aproveitar os fondos da Unión Europea para poñer en marcha proxectos de país, que sirvan para poñer en valor o potencial que temos e para mellorar a situación económica”, salientou Miranda.

Para Ana Miranda é moi  importante que as redeiras conten co recoñecemento legal da súa profesión “non só para que poidan acceder as axudas europeas, senón tamén para que poidan desempeñar o seu labor nunhas condicións dignas”. Tamén defende a idea de dinamizar o sector oleiro, sinalando que en Europa existen vilas que viven da cerámica, “algo que podería acontecer en Buño, impulsando unha economía sustentable”.  Lamentou que a Xunta non explique ao sector as diversas posibilidades que existen aproveitando os fondos europeos. 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos