13.6 C
Santa Comba
lunes, noviembre 4, 2024

Sergio Noya:“Levamos propostas en case tódolos plenos. Outra cousa é que nos fagan caso”

Escoita a entrevista con Sergio Noya a partir do minuto 94

O portavoz do Partido Popular de Mazaricos asegura que o balance deste primeiro ano de lexislatura “non é moi positivo” e que é “similar aos catro anos anteriores” con investimentos mínimos.

“A deixadez e a vaganza é moi elevada no noso concello” afirmou Sergio Noya, que non entende como un goberno con maioría absoluta “aproba os orzamentos en decembro” ou o Plan de Obras e Servizos “un ou dous días antes de que remate o prazo”.

Obradoiro de Emprego e cuadrilla contra incendios

Nunha entrevista no programa radiofónico “Na Encrucillada” lamentou que “o noso concello non solicitara un Obradoiro de Emprego nin a cuadrilla contra incendios”.

Sobre o traballo do PP na corporación dixo que “levamos propostas en case tódolos plenos, cousas que nos solicitan os veciños ou que nos parece que fan falta. Outra cousa é que nos fagan caso”.

Entre as prioridades para Noya está “contar cun sitio para poder asentar empresas”. Tamén fixo referencia á limpeza de camiños, a necesidade de melloras nas estradas de Arcos a Colúns, de Beba a Suevos ou no cruce das Paxareiras.

«Os últimos da comarca en repartir mascarillas»

Con respecto á xestión da crise sanitaria, tamén criticou a falta de accións ou investimentos por parte do executivo local do BNG:”O noso concello foi un dos últimos da comarca en repartir mascarillas”.

Os populares de Mazaricos agardan colleitar uns bos resultados nas vindeiras eleccións autonómicas e destacan que “o presidente da Xunta demostrou estar á altura” cunha óptima xestión. Ademais opinan que “a xente de Mazaricos segue sendo do PP”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos