10 C
Santa Comba
miércoles, enero 22, 2025

Ana Pontón propón mobilizar 100.000 hectáreas de terras abandonadas

A candidata do BNG, Ana Pontón, propuxo a mobilización de 100.000 hectáreas de terras abandonadas “para poñelas a producir en usos agrarios” durante a vindeira década.

Nunha visita a unha explotación gandeira do concello de Mazaricos, a portavoz nacionalista afirmou que “Galiza precisa dun goberno do BNG que aposta polo medio rural e o seu desenvolvemento social e conómico”.

Incidiu ademais en que os gobernos teñen que vixiar que non se pague o leite por debaixo dos custes da producción. Avogou por impulsar un plan de desenvolvemento rural e “pola incorporación de  xente nova ao sector agrario e facilitar o acceso das mulleres á  titularidade das explotacións agrarias”.Acompañaron a Pontón, o cabeza de lista pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas e o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco.

Dependencia dos insumos esóxenos

O candidato do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas insistiu  en que é necesario  correxir a  dependencia dos insumos esóxenos, ( millo, cevada, solla…) cos que se fabrican os pensos concentrados para o vacún de leite ademáis do porcino e avícola.

Para o candidato resulta imprescindible dotar  as explotacións de base territorial pero tamén “afondar sobre nun modelo de producción agrogandeira con tendencia ó extensivo e sostenibilidade”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos