13.3 C
Santa Comba
sábado, abril 6, 2024

O concello de Muxía aproba os seus orzamentos para este 2020

Co voto a favor do PSOE, a abstención do BNG e o voto en contra do Partido Popular foron aprobados uns orzamentos que ascenden a  3.812.381,53 euros. Segundo indican desde o concello sumando os suplementos aprobados a administración muxiá disporá dun total de 4,7 millóns de euros. 

Segundo o goberno local estas contas estñan baseadas en dous piares fundamentais:as melloras infraestruturais e de mantemento en todo o termo municipal e na impulsión dos asuntos sociais. Ademais dos servizos correntes, tamén se incluirán outra das partes anunciadas, no referente ás materias de medio ambiente, a mellora na xestión do punto limpo e tamén en servizos sociais.

Partidas reais e realistas

O alcalde Iago Toba valorou a importancia “a nivel social” dos orzamentos:”Son unhas partidas reais e realistas, porque responden ao novo contexto que estamos a vivir nos últimos meses, así como a que nos tocará vivir nun futuro moi inmediato”.

Nesta sesión tamén se aprobou unha modificación para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores municipais. A optimización do departamento de servizos múltiples e do Servizo de Axuda No Fogar tamén se reflicte nestes orzamentos, segundo o goberno.
“ Haberá por primeira vez un proxecto novidoso de humanización, e verase reflictido na contratación de máis albaneles, operarios en servizos múltiples e técnicos de xardinaría. Farán un traballo extraordinario e os resultados veranse nun breve período de tempo” explicou o alcalde de Muxía.

Iago Toba engadiu que “sendo uns presupostos cuns ingresos menores, acadaranse sen subir os impostos e realizaremos unha xestión para manter todos os servizos e reforzando de xeito especial en materia de asuntos sociais e melloras infraestruturais’”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos