4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Pequeño Castro:”Temos tantos camiños e tantos vehículos que non sabemos cal coller”

O alcalde de Dumbría reflexionou no programa “Na Encrucillada” sobre o presente e o futuro do turismo na Costa da Morte.

Coincide no chamamento á unidade lanzado desde as asociacións turísticas pero pensa que non é o único cabalo de batalla:”Hai que ter imaxinación e saber realmente o que se quere. Sempre estamos coa unidade e ó mellor o problema é que queremos ir a algún sitio pero non sabemos que tipo de vehículo coller. E o final non saímos do sitio.Temos tantos camiños e tantos vehículos que non sabemos cal coller e estamos sempre parados”.

“Os concellos sempre estamos aí permanentemente”

José Manuel Pequeño tamén defendeu papel dos concellos que a pesar de que “o turismo non é competencia dos concellos” pero “somos os que sempre estamos aí permanentemente” e os que asumen o peso da promoción turística.

Escoita a entrevista completa en Radio Xallas. A partir do minuto 73

Pensa que é importante ter unha folla de ruta:”Temos tanto que non somos capaces de centrarnos”. E puxo como exemplo o caso do seu concello.”Nos apostamos polo Camiño como motor dinamizador” suliñou Pequeño, e incardinado nesa ruta está o Vákner con todo o seu potencial. Sen esquecer a Cascada do Ézaro e as grandes citas ciclistas (Gran Fondo Ézaro) e a etapa de La Vuelta que se celebrará en novembro.

O veterano alcalde de Dumbría pensa que “chiringuitos temos dabondos” e defende a idea de cooperar.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos