11.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 23, 2023

O concello de Coristanco entra no GDR Costa da Morte

A xunta directiva da asociación Costa da Morte GDR aprobou a entrada na entidade como socio do concello de Coristanco. A entidade que preside Manuel Muíño tamén aprobou varias axudas para proxectos do programa Leader 2014-2020.

No apartado de proxectos non produtivos aprobouse a recuperación e Consolidación do Muiño de Pedra Vixía, en Gomarís -Lamas (Zas). O orzamento admitido ascende a 15.967,59€, e o importe da axuda sitúase nos 10.666,35€. Con respecto aos proxectos produtivos foron catro os que recibiron a luz verde:

1.- Pensión Rústica en Zas, en A Braña – Lamas (Zas). O orzamento admitido ascende a 239.694,46€, e o importe da axuda sitúase nos 85.810,62€.

2.- Modernización de empresa de produtos químicos, no polígono industrial de Carballo. O orzamento admitido ascende a 553.911,87€, e o importe da axuda sitúase nos 125.000,00€.

3.- Proxecto de ampliación e mellora de tenda agraria, en Pazos (Ponteceso). O orzamento admitido ascende a 125.676,62€, e o importe da axuda sitúase nos 40.216,52€.

4.- Mellora empresa de instalacións eléctricas, en Quintáns (Muxía). O orzamento admitido ascende a 79.523,14€, e o importe da axuda en firme sitúase nos 7.018.83€, e tamén queda na lista de agarda con 16.678,47€.En total falamos de axudas por 258.045 euros. Quedaron en lista de agarda catro proxectos impulsados dentro dos concellos da Laracha, Corcubión, Cee e Carballo.

Na xuntanza tamén se aprobaron as contas  e o informe de xestión de 2019, e o o orzamentos de 2020, entre outros asuntos.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos