13.4 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Ethel Vázquez:”Non teño solicitude do alcalde de Santa Comba para abordar a seguinte fase do proxecto da estrada”

Vídeo coas declaracións de Ethel Vázquez –

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade asegurou estar estrañada porque a pesar dunha primera “actuación importantísima”, cun investimento de 4,3 millóns de euros na Variante de Salgueiroas “non teño solicitude do alcalde de Santa Comba para abordar a seguinte fase do proxecto da estrada ou das marquesiñas que instalamos fai pouco”.

Ethel Vázquez afirmou que “gran parte” do mérito de que a primeira actuación se executara era da excalcaldesa María Pose , a que cualificou como “unha persoa insistente e que anda detrás das cousas».

Interese de María Pose

De feito Vázquez Mourelle aclarou que co interese da  actual portavoz do Partido Popular xalleiro ”seguimos avanzando”, nunha nova fase dentro “dun proxecto moito máis ambicioso”.

En alusión a David Barbeira engadiu:“Sorprende que un alcalde non traslade a consellería asuntos  que preocupan e nos que podamos axudar”.
A titular de Infraestruturas destacou a actuación da Variante de Aradas.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos