3.4 C
Santa Comba
sábado, diciembre 14, 2024

Ethel Vázquez:“Fixemos investimentos importantes que trouxeron máis oportunidades e competitividade á Costa da Morte”

Escoita a entrevista con Ethel Vázquez, a partir do minuto 29

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, participou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas onde falou sobre varios temas de actualidade.

Puxo en valor a actuación da autovía da Costa da Morte “unha autovía de 27 quilómetros, libre de peaxe, que fixemos en plena crise”  e cuia continuidade ata Vimianzo xa está planificada “con seis novos quilómetros e 28 millóns de euros” de investimento.

“O obxectivo e que a autovía chegue a Berdoias”

Sobre a petición de que a infraestrutura chegue ata Berdoias dixo:”Para chegar a Berdoias, había que chegar antes a Baio e chegamos e hai que chegar a Vimianzo”. Apuntou que este treito estará en exposición pública ata o 22 de xuño.“O obxectivo é chegar ata Berdoias. Pero debemos facelo por fases” declarou.

Neste senso tamén lle deu importancia ao enlace da autovía co parque empresarial de Vimianzo:”A conexión co Polígono de Vimianzo é esencial. Agardo que a alcaldesa(Mónica Rodríguez) acade o compromiso de reivindicar comigo conxuntamente ao goberno central, que é o que ten as competencias, esa conexión”.Vázquez Mourelle agarda que Rodríguez se “sume a reclamación” da Xunta, que deixou “o enlace previsto”.

Melloras de infraestruturas e no transporte 

Con respecto a este territorio, e con fondos da súa consellería, citou o Plan de Sendas con actuacións en distintos concellos, a reforma da travesía de Malpica, os incentivos do parque empresarial de Bértoa, a rehabilitación das antigas vivendas dos mestres en Ponteceso, ou as melloras na rede de transporte en concellos como Coristanco, Cabana ou Carballo, dentro “dunha auténtica revolución no transporte” que está desenvolvendo o goberno galego, e que nesta zona, verase beneficiada pola implantación da Tarxeta Xente Nova e por un proceso de contratación que está activado e que derivará “en máis frecuencias  e máis servizos”.

Todo dentro dunha aposta por un transporte sostible:“Non facemos nada se os autobuses na Costa da Morte van baleiros”.Outra actuación “prioritaria” que non quixo deixar pasar por alto é a Variante de Carballo.

O AVE a Galicia e a AP-9

Xa en clave xeral, referiuse as medidas promovidas por Augas de Galicia para “blindar o abastecemento de agua” cunha nova lei “para axudar aos concellos” e facer fronte tanto á seca como as inundacións. A axuda aos concellos neste tema ascendeu a uns 1.100 millóns de euros.

Ethel Vázquez tamén se queixou da falta de resposta goberno de Pedro Sánchez a cuestións relevantes para Galicia coma o AVE o a AP-9:”Non atopamos esa lealdade que os cidadáns merecen».

Con respecto ao AVE comentou:”Está sempre a piques de chegar e nunca chega”. En relación á AP-9:”No resto de España baixan as peaxes e o goberno de Pedro Sánchez sube de maneira extraordinaria e de forma abusiva a peaxe da AP-9”..

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos