Entrevista Carmen Suárez a partir do minuto 59 deste audio
A exconcelleira do PP de Camariñas, Carmen Suárez, insistiu en que tanto ella como a súa compañeira Estrella Antelo decidiron seguir coa denuncia da chamada “Trama dos Seguros” porque tiñan “un compromiso cos veciños e queríamos que houbera a máxima transparencia”.
Asegura que “nunca nos planteamos abandonar o proceso”. Lembra como se iniciou todo baixo a presidencia de Daniel Rego “detectamos una ilegalidade” consistente en que “o alcalde estaba facturando coa súa empresa de seguros e adxudicaba directamente as pólizas”.
Tamén explica que no ano 2009 “nunha soa póliza chegou a cobrar 2.500 euros de comisión”. Había informes que advertían da situación pero para Suárez Fuentes, o entón rexedor, Manuel Valeriano Alonso de León “creíase o dono do concello”.
«Alonso saliu do concello pola porta da corrupción»
“O PP non podía calar” argumenta a exconcelleira, que indica que Alonso “saliu do concello pola porta da corrupción”, facendo alusión a condena por inhabilitación que está cumprindo. Este xuízo está previsto para o 4 de novembro.
Carmen Suárez non se arrepinte da súa experiencia política aínda que recoñece que hai cousas positivas e negativas. Pensa que se poid facer mais pero non foi posible “ou porque non podes ou porque non cho permiten”.
Afirma que encontrou “xente moi leal” pero tamén “na política hai moitas inxustizas”. Está convencida que o seu ciclo político está rematado e lamenta que “os valores polos que eu entrei en política perdéronse”. De todos xeitos sinala que nunca se pode dicir que non, e se eses “ideais” se defenden noutra situación, poir non sería imposible que apoiara algunha iniciativa política.