5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Serxio Domínguez:“A propaganda é moitísimo máis grande que a realidade que se palpa en Cee”

Escoita a entrevista a Serxio Domínguez a partir do minuto 61

O portavoz municipal do BNG no concello de Cee emprazou á alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, a traballar “no realmente importante” agora mesmo no concello:”Son dous problemas que poden acabar con Cee e coa comarca, o de Ferroatlántica(XEAL) e o do Grupo Tres Mares”.

“Agora non hai excusa”

“É ai onde a alcaldesa ten que centrarse e nos dous o PSOE ten un papel moi importante” afirmou Serxio Domínguez, explicando que “agora non hai excusas de que está gobernando o PP en Madrid”.

Sobre Ferroatlántica, aínda que citou tamén a responsabilidade da Xunta no tema das concesións, convidou ao goberno local a pelexar para que se “aprobe un estatuto eléctrico para abaratar a factura eléctrica”. Neste senso, lamentou por parte dos alcaldes “un silencio que os fai cómplices da empresa”.Para o portavoz sería “unha hecatombe” que estas dúas empresas pecharan.

O BNG pide diálogo ao PSOE ceense

Sobre este ano que levamos de lexislatura en Cee, Domínguez Louro considera que “foi un ano de transición, leváronse adiante as obras que estaban aprobadas polo anterior goberno”.

Un tempo no que o PSOE gobernou “cunha maioría absoluta virtual co apoio do Partido Popular que aprobou dous orzamentos en pouco máis de dous meses e lle regalou tres soldos políticos”.

Lamentou a ausencia de “diálogo fluído coa oposición” e a excesiva propaganda:”o goberno de Cee fixo un exercicio de propaganda bestial”.

O concelleiro nacionalista pensa que “a propaganda e moitísimo máis grande que a realidade que se palpa e que se ve” xa que o executivo local “está facendo máis do mesmo que gobernos pasados”.

De tódolos xeitos e aínda que se mostrou “escéptico”,despois do último pleno, pensa que hai que “darlle un voto de confianza” a ver se a alcaldesa incrementa o contacto cos grupos da oposición, xa que “sen diálogo non se pode facer política”.

Ana Pontón, unha presidenta nacionalista

Polo de agora, segundo o BNG, Lamela ten “o mérito” de que se puxeran de acordo os catro grupos da oposición que coinciden nos seus reproches pola falta de diálogo.”Ogallá se dea conta que con esa actitude non imos a ningún lado” engadiu Domínguez.

En declaracións ao programa radiofónico “Na Encrucillada”, tamén expresou a ilusión que hai no BNG pola posibilidade de que “Feijóo poda perder a maioría absoluta” e que “por primeira vez en Galicia haxa unha presidenta nacionalista”, en referencia á candidata Ana Pontón.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos