16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Parque eólico de Corme: Carballido defende os investimentos e o PP asegura que o alcalde está de parte da empresa

A asociación de veciños “Eduardo Pondal” de Corme, solicitou recentemente unha xuntanza co conselleiro de Industria, Francisco Conde, para tratar sobre a problemática que afecta a este parque, no que se plantexa a súa repotenciación, pasando de 61 viraventos de trinta metros de alto a uns 7 de 93 metros de alto. Para hai aínda queixas veciñais e cuestións pendentes por solventar.

García Carballido:”Estamos totalmente a favor dos investimentos”

“Nós estamos totalmente a favor dos investimentos. Neste caso estamos falando dun parque de 18 millóns de euros de investimento, o cal é moi positivo para o emprego” afirmou o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, que destacou ademais que a empresa eólica pagará impostos e colaborará co concello.

“Desexamos sempre que haxa acordo” declarou Carballido, que dixo que lle estaban pedindo a empresa “un periodo adicional para que non expropien os terreos e sigan tentando chegar a acordos”.

O alcalde defendeu a negociación:“Eu penso que tódolos días se están asinando contratos. Imos a tentar co diálogo e a colaboración mutua chegar a acordos”.

O PP pensa que o alcalde tiña que apoiar aos veciños

Pola súa parte desde o Partido Popular, Daniel García Cotelo, ten claro que “o alcalde posicionouse de parte da empresa cando tiña que estar de parte dos veciños”.
Os populares non lles parece “correcta” a postura do mandatario.”O alcalde responderá dos actos que fixo, todo chega” apuntou o edil do PP.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos